Blog de las clases de 4º de Ed. Primaria del Colegio Plurilingüe Divina Pastora-Franciscanas de Ourense

domingo, 23 de diciembre de 2012

Fotos da función de Nadal

A continuación, deixámosvos os enlaces  para ver as fotos e o vídeo da función de Nadal que están publicados en Lúa Dixital.

FOTOS FUNCIÓN NADAL I

FOTOS FUNCIÓN NADAL II

VIDEO FUNCIÓN NADAL


Agardamos que pasedes uns bos momentos lembrando a actuación dos vosos fillos e fillas.

Por último, e non menos importante, aproveitamos este blog para desexarvos a todos un MOI FELIZ NADAL e un ANO NOVO cheo de saúde, ledicia e sen crise... ¡FELICES FESTAS!

lunes, 17 de diciembre de 2012

Fotos do Magosto

Xa tedes, en Lúa Dixital, as fotos do Magosto que fixemos en Monterrei. O enlace é o seguinte:

FOTOS MAGOSTO

Agardamos que as disfrutedes....

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Eucaristía de Nadal



O vindeiro sábado, día 15, ás 19 horas terá lugar na Capela do Colexio a tradicional Eucaristía de Nadal para a Comunidade Educativa, na que celebraremos xuntos a ledicia pola chegada de Xesús e prepararemos os nosos corazóns para recibilo.

KILABORA

Un ano máis, e en colaboración con Cáritas, no noso Colexio recollemos alimentos, que despois serán repartidos entre as familias máis desfavorecidas da nosa cidade.

Este ano os nenos de 4º de Primaria poderemos colaborar con productos típicos de Nadal (doces, turrón, cacao,...) e azucre.

A campaña rematará o día 21 (día no que se darán as vacacións).

Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Magosto

Hai unhas semanas os vosos fillos e fillas e as súas titoras pasaron un día moi divertido en Monterrei para celebrar o tradicional Magosto.

En xeral, portáronse moi ben e imaxinamos que tanto a roupa coma os nenos e nenas foron directamente 'a lavar' xa que temos probas das condicións nas que chegaron...

Ahí vos vai un adianto:





Nos próximos días, poderedes ver o resto das fotos no blog Lúa Dixital. Poñeremos, neste blog, o enlace para poder velas.

¡Agardamos que vos gusten!