Blog de las clases de 4º de Ed. Primaria del Colegio Plurilingüe Divina Pastora-Franciscanas de Ourense

domingo, 23 de diciembre de 2012

Fotos da función de Nadal

A continuación, deixámosvos os enlaces  para ver as fotos e o vídeo da función de Nadal que están publicados en Lúa Dixital.

FOTOS FUNCIÓN NADAL I

FOTOS FUNCIÓN NADAL II

VIDEO FUNCIÓN NADAL


Agardamos que pasedes uns bos momentos lembrando a actuación dos vosos fillos e fillas.

Por último, e non menos importante, aproveitamos este blog para desexarvos a todos un MOI FELIZ NADAL e un ANO NOVO cheo de saúde, ledicia e sen crise... ¡FELICES FESTAS!

lunes, 17 de diciembre de 2012

Fotos do Magosto

Xa tedes, en Lúa Dixital, as fotos do Magosto que fixemos en Monterrei. O enlace é o seguinte:

FOTOS MAGOSTO

Agardamos que as disfrutedes....

miércoles, 12 de diciembre de 2012

Eucaristía de Nadal



O vindeiro sábado, día 15, ás 19 horas terá lugar na Capela do Colexio a tradicional Eucaristía de Nadal para a Comunidade Educativa, na que celebraremos xuntos a ledicia pola chegada de Xesús e prepararemos os nosos corazóns para recibilo.

KILABORA

Un ano máis, e en colaboración con Cáritas, no noso Colexio recollemos alimentos, que despois serán repartidos entre as familias máis desfavorecidas da nosa cidade.

Este ano os nenos de 4º de Primaria poderemos colaborar con productos típicos de Nadal (doces, turrón, cacao,...) e azucre.

A campaña rematará o día 21 (día no que se darán as vacacións).

Grazas anticipadas pola vosa colaboración.

lunes, 10 de diciembre de 2012

Magosto

Hai unhas semanas os vosos fillos e fillas e as súas titoras pasaron un día moi divertido en Monterrei para celebrar o tradicional Magosto.

En xeral, portáronse moi ben e imaxinamos que tanto a roupa coma os nenos e nenas foron directamente 'a lavar' xa que temos probas das condicións nas que chegaron...

Ahí vos vai un adianto:





Nos próximos días, poderedes ver o resto das fotos no blog Lúa Dixital. Poñeremos, neste blog, o enlace para poder velas.

¡Agardamos que vos gusten!

domingo, 28 de octubre de 2012

Saída de San Francisco

Catro de outubro... Día de San Francisco... Un ano máis organizamos unha saída para conmemorar unha data tan importante para todos os membros da nosa Comunidade Educativa.
Todas as excursións preparadas teñen como destino un lugar no que poder disfrutar do tempo libre cos nosos amigos e amigas, en contacto coa natureza.
No enlace que aparece a continuación poderedes ver unha montaxe coas fotos que fixemos ese día:


En Lúa Dixital, no apartado de albums, están colgadas as fotos, de xeito individual (por se preferides gardar algún recordo en particular).

Sen máis, deixámosvos co video... Agardamos que vos guste....

martes, 16 de octubre de 2012

Semana da Froita

O pasado luns, día 15, comezou a Semana da Froita. Durante toda esta semana, do 15 ao 19 procederase ao reparto de froita fresca no recreo das distintas etapas.

Por este motivo, durante toda esta semana non é preciso traer comida para media mañá. Agardamos que, con iniciativas coma esta, consigamos potenciar o consumo de froita entre os nosos alumnos e alumnas. ¡Ogallá!

martes, 4 de septiembre de 2012

Libro de Plástica



O curso que dará comezo o vindeiro día 12 terá unha novidade importante. A asignatura de Plástica pasará a impartirse en Inglés, polo tanto o libro que haberá que mercar é o seguinte:

Arts & Crafts 4 (ANAYA ED.,
ISBN: 978-84-678-1879-6)

viernes, 31 de agosto de 2012

Vémonos...

Despois duns meses de merecido descanso, volveremos a vernos. Lembrade que comezamos o vindeiro 12 de setembro, de 11 a 13 horas.
A partir deste día, e durante o resto do mes de setembro, teremos o mesmo horario que no mes de xuño, é dicir, de 9 a 13.50 horas.
Ata entón seguide aproveitando o descanso e o bo tempo.

martes, 24 de julio de 2012

Máis vale tarde...

Din que máis vale tarde que nunca. Despois de solventar moitos problemas técnicos, podemos ofrecervos a montaxe da Saída de fin de curso ao Zoo de Marcelle. O enlace é o seguinte:


Agardamos que sigades disfrutando das sempre ansiadas vacacións.

Marina e Ángeles

Nota: Non esquezades seguir visitando o noso blog de xeito habitual. Por se hai novidades...

Videos de 3º

A continuación, figuran os enlaces da saída de San Francisco e do Festival de Panxoliñas de Santiago que tiveron lugar no curso pasado:




http://www.youtube.com/watch?v=CrCoB-sasWw


http://www.youtube.com/watch?v=NQlZXuvLG6k&feature=relmfu

Esperamos que os disfrutedes.